Wednesday 24 de April de 2024

O Concello de Dodro celebrará un acto o vindeiro luns 29 de agosto para recoñecer a Pepe Domigo Castaño como fillo predilecto de Dodro


No patio central do Palacio de Lestrobe, despois dos actos habituais do luns dos afrixidos, a misa solemne, procesión e a poxa dos ramos, e mais ou menos as 14 horas terá lugar o acto solemne de nomeamento de FILLO PREDILECTO ao periodista nado en Lestrove, hai case que 80 anos.

O acto celebrarase no lugar donde tradicionalmente se facía a festa, antes de ser o lugar destinado a Hotel. Agradecemento moi especial a Pousadas de Compostela que está a colaborar na organización e ó exito do evento xa que a parte da renovación do antigo Palacio Palacio Arzobispal de Lestrobe, os actos desde luns serán os mesmos que se facían cando o pequeno Pepe andaba pola aldea.

Foron invitadas as autoridades da comarca, por suposto os veciños e veciñas de Lestrobe, ademáis todas as persoas que queiran asistir, xa que para o concello de Dodro será a primeira vez que se entrega esta
distinción a alguén nado no noso concello. Polo que a importancia do acto e grande.

O concello ven de nomear tamén filla adoptiva a Rosalia de Castro, e dedicou unha rúa en Imo a Moncho Reboiras, polo que Dodro iniciou o recoñecemento de todos os persoeiros ilustres do concello.